Monday 20 de May de 2024

A Xunta colabora con Padre Rubinos na atención diúrnae residencial ás persoas maiores


O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia e cetro de día da entidade coruñesa

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia e centro de día para persoas maiores de Padre Rubinos, que conta con prazas financiadas pola Xunta de Galicia. Antón Acevedo tivo a ocasión de conversar con persoal e usuarios destes servizos.

O director xeral destacou que a entidade coruñesa é todo un referente nos servizos de atención aos maiores, inclusión social e atención á infancia.